Como vimos na parte de cinemática, a rapidez (ou celeridade) instantánea coincide co módulo do vector velocidade instantánea. Por outra parte, o vector velocidade instantánea é sempre tanxente á traxectoria.
Podemos descompoñer o vector aceleración na mesma dirección que a velocidade instantánea e noutra perpendicular. A aceleración que ten a mesma dirección que o vector aceleración chamámola aceleración tanxencial e a que é perpendicular aceleración centrípeta.
Pódese demostrar que a aceleración tanxencial é a compoñente responsable de que o módulo do vector velocidade aumente (ou diminúa).
Loxicamente á compoñente da forza que produce a aceleración tanxencial chámase "forza tanxencial":