Exercicio resolto
Un foguete, que ten inicialmente os motores apagados, viaxa en liña recta polo espazo, lonxe de calquera obxecto. Nun momento dado, acende os seus motores que o impulsan cunha forza de 2000 N na mesma dirección que a velocidade que levaba.
Se a masa do foguete é de 600 kg e a velocidade que levaba era de 20 m/s, cal será o espazo percorrido ao cabo de 5 minutos?