Poderíamos dicir que a física de Aristóteles (século IV a.C. ) é a física do sentido común, é dicir a física "intuitiva" elaborada a partir da información captada polos nosos sentidos. Segundo a concepción aristotélica do Universo, todo estaba constituído por cinco elementos: auga, terra, aire, lume e éter. Cada elemento tería un movemento "natural". O aire e o fogo afastaríanse do centro do Universo, a auga e a terra moveríanse cara o centro e, o éter xiraría arredor deste centro. Isto explicaría que as pedras caian e que o fume suba. Tamén explicaría as órbitas dos corpos celestes que estarían formados por éter.
Para Aristóteles a física na Terra (materia imperfecta) é diferente a física dos ceos (onde o movemento sería perfecto, circular). Un corpo en movemento precisaría necesariamente dunha forza motora.
Esta visión da física perdurou até a revolución científica que, coas ideas de Galileo e Newton, unificaron as físicas dos ceos e a da terra. Segundo estes últimos, as mesmas leis rexen na Terra e no resto do firmamento, un exemplo claro disto último o vimos no apartado anterior onde explicabamos a caída dos corpos e os movementos dos astros coa mesma lei de Gravitación Universal.
Mira a simulación e descubrirás unha maneira orixinal de colocar satélites en órbita.