O triángulo rectángulo
Como recordarás, un triángulo rectángulo é un triangulo que ten dous catetos que forman un ángulo recto, é dicir de 90º.

O teorema de Pitágoras
O teorema de Pitágoras establece que o cadrado da lonxitude da hipotenusa é igual á suma dos cadrados das lonxitudes dos dous catetos.

Podemos escribir o resultado do teorema de Pitágoras do seguinte xeito:
![]()
O seno e o coseno
Imaxina un triángulo rectángulo cuxa hipotenusa teña unha lonxitude igual á unidade (a=1), entón podemos afirmar que o coseno do ángulo indicado é o cateto contiguo ao ángulo, b; e, o seno o cateto oposto ao ángulo, c.

É evidente que se a hipotenusa é 1:
![]()
Para obter o seno ou o coseno dun ángulo, normalmente vas a usar a calculadora, non obstante convén que coñezas algúns. Se estamos a traballar con ángulos expresados en graos sexaxesimais:
| 0º | 30º | 45º | 60º | 90º | |
| 0 | 1 | ||||
| 1 | 0 |
O teorema de Thales
Dous triángulos son semellantes se teñen os mesmos ángulos. Cando isto acontece, os correspondentes lados gardan a mesma relación entre eles. Mira as figuras:

Podemos ver esta relación tamén superpoñendo os dous triángulos:

Podemos aplicar o teorema de Thales a calquera triángulo. Se o triángulo é rectángulo, podemos relacionar os catetos e hipotenusa coas funcións trigonométricas de seno e coseno. Mira a figura e o resultado final:

Polo tanto, podemos escribir: ![]()
Ou se o preferimos:
![]()