O peso
No correspondente apartado veremos que o peso é o resultado da atracción entre os corpos debido a súa masa. Preto da superficie terrestre e ao nivel do mar todos os corpos caen cunha aceleración próxima aos 9.81 m/s2 (esta aceleración é chamada tamén intensidade da gravitacional). O peso dun corpo pódese calcular ao multiplicar esta aceleración pola masa deste:
Polo tanto, o movemento que seguen os corpos cando se deixan caer preto da superficie terrestre desde o repouso ou cunha velocidade inicial que teña a mesma dirección que é un Movemento Rectilíneo e Uniformemente Acelerado.
Se os corpos próximos á superficie terrestre inicialmente teñen unha velocidade cunha dirección diferente á de , seguirán movementos parabólicos.
Agora te propomos un xogo para que te habitúes aos movemento de caída.