Saltar navegación

O peso, manifestación da gravidade

Traballemos co vídeo. Este vídeo fíxose a cámara lenta. Podes deducir o valor aproximado de g parando o vídeo e observando a posición da mazá e o tempo empregado en atinxir esta posición. Hai unha marca de posición cada 0.20 m. Ao tempo tes que restar 2 segundos que é o que tarda a mazá en soltarse e o resultado dividilo por 32 (xa que está en cámara lenta). Amplía o vídeo para velo mellor. Para calcular o valor de g usa as expresións do MRUA sen velocidade inicial. Podes axudarte  cos tempos e posicións que aparecen impresos no vídeo.
Enric Ripoll. Caída dunha mazá (CC BY-SA)

A lei da Gravitación Universal unificou definitivamente a física terrestre e a do resto do firmamento. Os corpos caen sobre a superficie terrestre debido á forza de atracción que a Terra fai sobre eles, esta forza é da mesma natureza que a que fai xirar a Lúa arredor da Terra e a que fai xirar a Terra arredor do sol.

Efectivamente, cando un corpo se deixa caer, sobre el aparece unha aceleración debida á forza que chamamos peso:

O peso é igual á masa pola aceleración da gravidade

Onde m é a masa do corpo e g a aceleración da gravidade terrestre que preto da superficie é de 9.8 m/s2.

Podemos usar a lei de Gravitación Universal para deducir o valor da aceleración g na superficie terrestre, tendo en conta que a masa da Terra é de 5.98·1024 kg e que o seu raio é de 6370 km:

Na superficie terrestre g é aproximadamente igual a 9.8 metros por segundo ao cadrado