Escena. O principio de acción-reacción (ou terceiro principio) da dinámica permítenos entender o que acontece cando estes dous ovos entran en contacto. O ovo da esquerda leva a mínima velocidade necesaria para romper o ovo da dereita, que está en repouso. Se a resistencia das cascas dos dous ovos é semellante, que cres que acontecerá? Para pór en marcha a simulación fai un clic dentro da escena (máis o menos polo centro da pantalla). Se queres volver a ver a escena, refresca a páxina. Enric Ripoll. Ovos en colisión (CC BY-SA)