Saltar navegación

A lei de Hooke

Os dinamómetros son simples resortes que seguen a lei de Hooke. Á esquerda temos dous dinamómetros de iguais características nos que hai dous pesos diferentes. Á dereita temos unha ampliación da fotografía anterior. Observa que a deformación no segundo dinamómetro é o dobre debido a que soporta o dobre de peso
Imaxe de dous dinamómetros con diferentes pesos Imaxe de dous dinamómetros con diferentes pesos, un o dobre que o outro.
Enric Ripoll. Dinamómetros (CC BY-SA)

Se observaches a simulación anterior, terás visto que a forza aplicada sobre un resorte é directamente proporcional á deformación. Esta lei recibe o nome de "Lei de Hooke" e é a base da construción dos chamados dinamómetros que serven para medir forzas (mira as figuras).

A constante de proporcionalidade, k, chámase constante elástica do resorte e depende do material e das características xeométricas do mesmo. A súa unidade no sistema internacional é o Newton dividido por metro (N/m).

Lei de Hooke: A forza exercida polo resorte é directamente proporcional á deformación e de sentido contrario

Se queremos aplicar unha forza externa de modo que o corpo sometido á forza elástica estea en equilibrio, deberemos facer que esta sexa igual que a elastica e de sentido contrario:  A forza externa é directamente proporcional á deformación

A masa unida ao resorte está en equilibrio debido a que as dúas forzas que actúan sobre ela se anulan. Móstrase un resorte estirado por unha forza externa.
Móstrase un resorte estirado por unha forza externa
Enric Ripoll. Resorte estirado (CC BY-SA)