Saltar navegación

As forzas e o movemento

Obxectivos

Na fotografía observamos como as ondas do mar conseguen erosionar a costa e pór en movemento os obxectos que están soltos no dique.
Erosión da costa
Autora: Isabel Montenegro. Mar batente (CC BY-SA)

Despois de rematar este punto, deberás:

  • Comprender que son as forzas e como medilas mediante os instrumentos chamados dinamómetros.
  • Recoñecer o papel das forzas como causa dos cambios na velocidade dos corpos e representalas vectorialmente.
  • Distinguir entre as forzas "a distancia"  e as de contacto.
  • Comprender o principio de inercia.
  • Utilizar o principio fundamental da dinámica na resolución de problemas nos que interveñen varias forzas.
  • Identificar as parellas de forzas implicadas nunha interacción.
  • Aplicar as leis de Newton para a interpretación de fenómenos cotiáns.