Chamamos firmamento á bóveda celeste onde aparentemente se sitúan os astros. A localización dos astros determínase desde a posición ocupada pola Terra.
A ciencia que se ocupa do estudo da posición dos astros (lúa, planetas, estrelas...), denomínase astronomía e para iso úsanse as coordenadas celestes.
Coordenadas celestes
Eixe celeste: arredor deste eixe parece que xira a bóveda celeste. Este eixe coincide co eixe de rotación da Terra.
Ecuador celeste: e o plano perpendicular ao eixe celeste.
Eclíptica: é a traxectoria aparente que fai o sol arredor da Terra.
Equinoccios: son os puntos onde se cortan a eclíptica e o ecuador celeste.
Declinación: é o ángulo formado entre un astro e o ecuador celeste (coincide coa latitude terrestre).
Ascensión recta: é o ángulo medido a partir do punto Aries cara ao leste ao longo del ecuador celeste (coincide coa lonxitude terrestre).
Coordenadas terrestres
Latitude: é o ángulo que forma a liña que une o centro da Terra co punto na superficie contado desde o plano do ecuador. Represéntase mediante os círculo imaxinarios chamados paralelos.
Lonxitude: Podemos imaxinar círculos sobre a superficie terrestre que pasan polos dous polos, estes círculos denomínanse meridianos. O meridiano considerado como orixe (0º) é o chamado meridiano de Grenwich e a partir del cóntase, en graos, a lonxitude. A lonxitude dun determinado lugar é o ángulo que hai entre o meridiano de Grenwich e o que pasa por ese sitio