As forzas modelan a materia que nos rodea. Todas as persoas pensan que entenden este proceso, pero na maioría dos casos o filtro do "sentido común" impídenos comprender totalmente os procesos nos que se involucran as forzas.
Os principais obxectivos destas secuencias didácticas son:
- Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
- Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
- Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.
- Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.
- Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento e na lectura.
- Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza científica nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.
Respecto das competencias básicas que o alumno/a debería adquirir ao finalizar esta secuencia didáctica cabe destacar:
- As competencias sociais e cívicas.
- Aprender a aprender.
- Competencia matemática e competencias fundamentais en ciencia e tecnoloxía.