O xogo
Como comprobaches anteriormente, o principio de inercia é o responsable de que nos "despracemos cara adiante" cando estando nun coche este frea ou o responsable de que cando tomamos unha curva os obxectos de dentro do automóbil se movan "cara fora". En realidade o que acontece é que as cousas tenden a manter o estado de movemento que tiñan.
Propomos agora un xogo para que practiques os efectos do principio de inercia.