O científico francés Blaise Pascal enunciou o seu principio da seguinte maneira:
«Se incrementamos a presión sobre calquera punto dun líquido, este incremento transmítese a todos os puntos do líquido».
Aplicacións do principio de Pascal
O principio de Pascal ten moitas aplicacións prácticas, entre elas podemos mencionar os vasos comunicantes e os sistemas hidráulicos como o elevador, o freo, a báscula ou a prensa hidráulicos.
Vasos comunicantes
Os vasos comunicantes son un conxunto de recipientes unidos entre si. Cando enchemos cun líquido calquera dos recipientes, observamos que o líquido adquire o mesmo nivel en todos eles.
Elevador hidráulico
Os sistemas hidráulicos amplifican a forza exercida, deste modo con pouca forza podemos elevar un gran peso. Os sistemas hidráulicos baséanse no principio de Pascal: a sobrepresión aplicada nun punto dun líquido transmítese por igual a todos os puntos do líquido:
Polo tanto, canto maior sexa a superficie, maior será a forza exercida