A través do estudo destes temas descubrirás como actúan na naturezas as forzas. Coa resolución dos problemas e cuestións propostos e coa visualización das simulacións atoparás unha forma amena e seria de aprender.
Xa sabes que estas secuencias didácticas están elaboradas para fomentar no alumno a aprendizaxe activa, e por iso debes ter en conta as seguintes consideracións:
- Le atentamente os textos e cando non entendas algo amplía a información mediante o uso da rede. Se aínda segues sen comprender, pregúntalle ao profesor ou titor.
- Resolve os cuestionarios e, se non obtés máis dun 80% de acertos, repíteos logo de revisar o visto no tema en cuestión.
- Para acceder ás simulacións tes que pasar o rato por riba das imaxes (que cambiarán de aspecto) cuxa cabeceira pon "Escena" e premer o botón esquerdo do rato ou, se usas unha tablet ou Smartphone tocar co dedo nesta imaxe.
- Observa atentamente as simulacións (non son un entretemento) nelas deberás descubrir os conceptos que se pretende que entendas para que adquiras as capacidades pertinentes.
- Non pases á seguinte sección sen comprender as anteriores.
- Usa os libros que estean ao teu alcance, así como a REDE para ampliar a túa información.
- Participa no wiki preparado polo profesor.
- Se estás nunha plataforma educativa (Moodle, Claroline...) participa activamente nos foros e nos chats.
- Tanto se usas o ordenador como unha tablet, procura que o navegador estea actualizado.
Uso de tablets e smartphones online.
- Se usas unha tablet ou teléfono móbil online, procura que a versión do sistema operativo estea actualizada.
- É conveniente, si usas unha tablet ou un smarphone, que ocultes o menú para visualizar mellor as secuencias didácticas
- Estas secuencias didácticas son "responsivas" e non deberías ter ningún problema na súa visualización, non obstante, se o precisas, podes ampliar o texto e o resto de elementos.
Uso da APP en tablets e smartphones Android offline.
- Se usas unha tablet ou teléfono móbil android coa aplicación APK instalada, procura que a versión do sistema operativo sexa a 5.1 ou superior.