Saltar navegación

Lectura

Actividade de lectura

A columna de auga consegue romper o barril
Barril de Pascal
Enric Ripoll (CC BY-SA)


O barril de Pascal

Para demostrar que a presión aplicada nun punto dun fluído se transmite a todos os seus puntos, Pascal ideou o seguinte experimento.

Tomou un barril de madeira cheo de auga que tapou cunha tapa circular atravesada por un fino tubo de 20 metros de altura aberto polos dous extremos. Despois vertía auga na parte superior do tubo até que o barril estoupaba.

O que realmente era sorprendente é que o raio do tubo podía ser calquera, o efecto producíase tanto se o tubo tiña 0.4 centímetros de amplo como se tiña 4 centímetros, o barril explotaba sempre que a auga atinxía a mesma altura no tubo.

Intenta explicar, cos coñecementos sobre fluídos que tes, como é posible iso.