As mareas
A relación entre as mareas e as fases da Lúa xa era coñecida na antigüidade, pero a explicación non foi dada até que a Lei de Gravitación Universal de Newton permitiu comprender o fenómeno.
A Lúa é un corpo moi masivo que está relativamente preto da Terra e, polo tanto, é lóxico pensar que a súa influencia gravitacional sobre o noso planeta sexa importante. Tan importante que chega a deformar o globo terráqueo, máis nas partes fluídas (océanos e atmosfera) que nas sólidas.
Cando unha zona oceánica da Terra está encarada á Lúa, esta produce unha elevación das augas tanto nese lugar como no diametralmente oposto. Isto é o que constitúe o fenómeno das mareas. Como a Terra xira sobre si mesmo cada 24 horas, estas elevacións de auga danse aproximadamente cada 12 horas.
Á situación en que se produce a elevación dos océanos chámase marea alta ou preamar e cando o océano está no seu nivel máis baixo, baixamar ou marea baixa.
O sol, dependendo da posición relativa entre a Terra e a Lúa, tamén exerce certa influencia nas mareas; de feito, as pode reforzar (mareas vivas, se o Sol, a Lúa e a Terra están aliñados) ou debilitar (mareas mortas, cando o Sol, a Lúa e a Terra forman un ángulo de 90º).