Claudio Ptolomeo (século II d.C) estableceu o modelo xeocéntrico perdurou durante toda a idade media. O modelo xeocéntrico sitúa a Terra no centro do Universo e o resto de astros xirando arredor da mesma.
O feito de forzar a Terra a estar no centro do Universo, obrigaba aos astrónomos a traballar cos epiciclos para entender o movemento dos planetas. Os epiciclos eran traxectorias circulares adicionais que os planetas seguirían a medida que avanzan na súa órbita circular (mira a simulación). O Sol xiraría nunha órbita circular cada día e as estrelas estarían na superficie duna esfera oca cuxo centro sería a Terra.