Saltar navegación

Trompa

Definición

Trompa: elemento arquitectónico construtivo para achafranar un canto. Ten forma de pequena bóveda semicónica co vértice no ángulo de dous muros e a parte máis ancha cara fóra. 

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

(Século XIII) Seo Vella de Lleida
Fernando Díaz . Trompas baixo un ciborio octogonal (CC BY-SA)

 

Unha trompa serve para transformar unha planta cadrada en octogonal e así poder asentar unha cúpula sobre un tambor, un ciborio...(imaxe 1)

Empregáronse moito na arquitectura románica e gótica (imaxe 2) aínda que proveñen da Antigüidade. 

A súa función fundamental é levantar e soster cúpulas. É a técnica maís primitiva que permite transformar un polígono nunha circunferencia ou nun cadrado que sirva de base (imaxe 3).

Posteriormente sustituiránse por pendentes.

Imaxe 1
(Século X) Igrexa do mosteiro de Sant María, Ripoll, Xirona
Fernando Díaz. Trompa convertindo un espazo cadrado en poligonal (CC BY-SA)
Imaxe 2
(Século XIV) Catedral de Burgos
Fernando Díaz. Trompa decorada con relevos no cruceiro dunha catedral gótica (CC BY-SA)
Imaxe 3
Gaudí, Antoni (1906) Patio interior, Casa Batlló, Barcelona
Fernando Díaz. Patio interior modernista rematado nunha trompa baixo unha lanterna (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)