![Maside, Carlos (1940). "Bodegón" [óleo sobre lenzo] Vigo: Colección A Fundación ABANCA Ilustración que representa un bodegón de Carlos Maside](bodegon.jpg)
Bodegón
![Maside, Carlos (1940). "Bodegón" [óleo sobre lenzo] Vigo: Colección A Fundación ABANCA Ilustración que representa un bodegón de Carlos Maside](bodegon.jpg)
Definición
Bodegón: xénero artístico que representa unha composición a base de seres inanimados: animais mortos de caza, vexetais e froitas, louza e teas...Tamén se lle chama natureza morta.
Lectura facilitada
<cotovia_PZf81j.mp3>
Apoio visual

Explicación

Os bodegóns teñen a sua orixe na Antigüidade. Na arte mesopotámica, exipcia, grega e romana hai exemplos de composicións pictóricas con animais, froitas, comida...(imaxe 1), normalmente incluídos en pinturas ou esculturas de outros xéneros artísticos.
Sen embargo, a partires do século XVII é cando artistas comezan a producir obras deste tipo dun xeito máis sistemático convirtíndose nun xénero en sí mesmo e aproveitando para introducir composicións e técnicas libres (imaxe 2).
O bodegón é un xénero traballado ata hoxe e abordado tamén dende a fotografía (imaxe 3).
![Arte exipcia (aprox. 1900 a.C. )"Anubis fronte a unha mesa de ofrendas" [relevo en pedra], Deir el Bahari, Tebas, Exipto Arte exipcia (aprox. 1900 a.C. )"Anubis fronte a unha mesa de ofrendas" [relevo en pedra], Deir el Bahari, Tebas, Exipto](Egipto-027.jpg)
![de Zurbarán, Juan (1645). "Froitas e flores nunha cunca chinesa" [óleo sobre lenzo]. de Zurbarán, Juan (1645). "Froitas e flores nunha cunca chinesa" [óleo sobre lenzo].](603643slsdl.jpg)
![Dalí, Salvador(1945). "La cesta de pan" [óleo sobre lenzo]. Fundación Dalí Dalí, Salvador(1945). "La cesta de pan" [óleo sobre lenzo]. Fundación Dalí](figueras.jpg)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0