Saltar navegación

Color complementaria

Definición

Cor complementaria: cores do espectro visible dispostas diametralmente equidistantes no círculo cromático. Obtéñense mediante a contraposición dunha primaria cunha cor secundaria formada polas outras dúas primarias.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Círculo cormático
Fernando Díaz. Círculo cormático (CC BY-SA)


A teoría da cor é o resultado de séculos de investigación en diversos campos da ciencia e a arte, dende as primeiras teses de Leone Battista Alberti (Renacemento) ata a roda cromática de Münsell (no século XX) baseada nos estudos de Isaac Newton.

O círculo cromático é un esquema ordenado de cores primarias e secundarias. As cores primarias (azul cian, amarelo cadmio e maxenta) son aquelas que non se obteñen da mestura de ningunha outra.

A mestura de cores primarias da lugar ás cores secundarias (verde, vermello e morado) e terciarias. Deste xeito, as cores complementarias quedan enfrontadas no círculo cromático. Na teoría da cor dise que dúas cores son denominadas complementarias si, cando se mesturan nunha proporción dada o resultado é unha cor neutral (gris, branco, ou negro).

Hai conxuntos de cores que son agradables á vista, que son harmónicos. Hai distintos tipos de harmonías cromáticas: monocromía (variacións dun mesmo ton), analoxía (cores próximas no circo cromático), temperatura (cores cálidas e frías) ou harmonía de complementarios (imaxe 1)

Dende a Antigüidade, na pintura  empréganse harmonías de cores, ás veces dun xeito intuitivo. As cores tamén se escollen polo seu carácter simbólico (imaxe 2).

A partir do século XIX, a pintura toma camiños experimentais, que desafían o emprego académico da cor (imaxe 3), e apostan por tons moi intensos e saturados (incluso nas sombras).

Imaxe
Corot, Camile (1825).  "Muller italiana" [óleo sobre lenzo], Museo do Louvre, París
Fernando Díaz. Cores complementarias (CC BY-SA)
Imaxe 2
Harmonía cromática nos frescos da igrexa de San Climent de Taüll
Fernando Díaz. Harmonía cromática cun fin simbólico (CC BY-SA)
Imaxe 3
Krämer, Joham Víktor (1861) "Cartel da XI Exposición de Artistas Visuais Austriacos" [litografía] Museo da Secession, Viena
Fernando Díaz. Harmonía de complementarios nun cartel (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)