Proxecto Ende
Capitel corintio
Definición
Capitel corintio: capitel propio das columnas de orde corintia grega. O capitel é o elemento máis representativo desta orde pola sua forma de campá invertida ou canastro, da que rebordan follas de acanto (herba cepeira ou da bruxa). Nos catro cantos, os talos desta planta enrólanse en espiral formando volutas (caulículos).
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
A orde cortintia é a máis ornamentada das ordes clásicas. O exemplo máis antigo é do século V a.C.
Os seus elementos son:
- Columna con base (toro-listeis-toro).
- Fuste de sección circular, cun lixeiro éntase e acanalado con vintecatro estrías.
- Capitel con decoración vexetal de follas de acanto e caulículos. Os capiteis corintios gregos están máis decorados e teñen liñas máis amplas cos romanos (imaxe 1). Durante o románico e gótico, o capitel corintio foi interpretado e transformado (imaxe 2) Foron moi utilizados posteriormente durante períodos artísticos como Renacemento e Barroco (imaxe 3) ata os nosos días.
- Entaboamento, mide a quinta parte do total e compónse de:
-Arquitrabe, normalmente composto de tres platabandas.
-Friso corrido e decorado con relevos, sen tríglifos nin métopas e apoiado directamente sobre o arquitrabe.
-Cornixa que soe estar decorada cunha moldura saínte chamada cimacio.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0