
Estilo

Definición
Estilo: conxunto de características orixinais e persistentes no/na artista, nunha época, escola ou zona xeográfica, que permite identificar as obras como feitas por esa persoa, nese tempo, nesa escola ou nese lugar.
Lectura facilitada
<cotovia_hjpWiD.mp3>
Apoio visual

Explicación
![Van der Weyden, Rogier(1440). Detalle do tríptico da familia Braque "María Magdalena" [óleo sobre taboa] Museo do Louvre Van der Weyden, Rogier(1440). Detalle do tríptico da familia Braque "María Magdalena" [óleo sobre taboa] Museo do Louvre](louvre-(131).jpg)
Cada época histórica ten as suas características artísticas propias. Así xurden os estilos artísticos de orixe temporal. Por exemplo , o visigótico é un estilo artístico cunha filosofía e trazos nas producións artísticas do Reino Visigodo, entre os séculos VI e VIII (imaxe 1).
Hai estilos artísticos que, amais de ter un caracter temporal, teñen a súa orixe nunha zona xeográfica concreta. Por exemplo, o gótico veneciano ou estilo veneciano é unha variante do gótico europeo propia da cidade de Venecia no século XV (imaxe 2).
Un estilo refírese tamén á linguaxe propia e característica dun/a artista. Cando é común a un grupo de artistas, chámase escola. Por exemplo, escola pictórica de Barbizon constituída por Corot, Millet, Daubigny,...
O estilo do/a artista pode dar nome a movementos artísticos. Por exemplo, o herreriano é un estilo arquitectónico que asemella a producción do arquitecto de Juan Herrera.
Tamén hai estilos artísticos que reciben o seu nome dalgunha característica salientable. Por exemplo, o estilo plateresco adoita o seu nome pola semellanza da decoración das portadas có traballo de prateiros (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0