Saltar navegación

Planta de cruz latina

(Século XII-XIII) Igrexa de San Martiño de Gargantáns, Moraña, Pontevedra
María Villarino. Vista exterior dunha pequena igrexa na que se ve a ábsida, o transepto e a nave lonxitudinal rematada na espadana dos pés (CC BY-SA)

Definición

Planta de cruz latina: tipo de planta dun edificio con forma de cruz cos brazos de diferente tamaño. O transepto é máis curto có brazo maior. É un tipo de planta lonxitudinal.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

As plantas arquitectónicas da tumba xacobea
María Villarino. As plantas arquitectónicas da tumba xacobea (CC BY-SA)

Nunha igrexa de planta de cruz latina, o brazo maior soe estar orientado de xeito que no extremo occidental ou pé quede o pórtico ou atrio mentres que a cabeceira e ábsida quede no leste (imaxe 1).

O brazo maior e o transepto poden ter varias naves separadas por arcos formeiros. Estas naves morren na cabeceira, formada por unha ou varias ábsidas.

A zona de intersección entre ámbolos brazos, o cruceiro , soe cubrirse con bóvedas (de aresta, de canón ou de cruzaría) , cúpulas ou ciborio  (imaxe 2)

Nos templos de cruz latina o brazo maior soe estar dividido nunha nave central ou principal e outras secundarias de menor altura, que poden alongarse despois do cruceiro formando o deambulatorio (imaxe 3). 

Este tipo de planta é moi común nas igrexas de tradición latina e popularizouse no Románico a partir dos monxes bieitos de Cluny que exportaron este modelo por toda Europa.

Imaxe 1
Románico  (século XII), catedral de Santa María Asunta, Pisa, Italia
Fernando Díaz. Visión lateral dunha construción de planta de cruz latina (CC BY-SA)
Imaxe 2
(Século XII) Cubertas, catedral de Santiago de Compostela.
Fernando Díaz. Vista de nave central, transepto, cruceiro e ciborio dende o exterior dunha catedral románica (CC BY-SA)
Imaxe 3
(Século XIII) Vista do interior da catedral de Friburgo, Alemaña
Fernando Díaz. Vista interior da nave central dividida en naves secundarias, cruceiro e ábsida dunha catedral gótica (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)