Triforio
Definición
Triforio: serie de vans ornamentais abertos sobre os arcos fomeiros no muro da nave central dun edificio.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Emprégase a palabra triforio porque significa tres vans (bífora é a fiestra de dous vans cun parteluz ou mainel) aínda que isto evolucionou e o seu número variou (imaxe 1)
Estas fiestras de tres arcos se situaban sobre a tribuna da nave principal dos templos cunha finalidade ornamental e para alumear o interior ou alixeirar ós muros (imaxe 2).
Posteriormente, o triforio irá sustituíndo no Gótico á tribuna, desenvovéndose en grandes fiestras con vidreiras e decoración de trazaría. Ás veces, poden ter un pequeno corredor angosto que non está pensado para aloxar persoas (imaxe 3). Por isto, non debe confundirse con tribuna.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0