Tribuna
Definición
Tribuna: construción elevada como un balcón no interior dun edificio que pode ser transitada.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
A tribuna na Antiga Roma era o lugar do Foro que ocupaba o orador (tribuna arengaria). Nalgúns casos, a tribuna é un lugar destacado reservado ás autoridades (anfiteatro, teatro, estadio...)
Esta especie de mirador ou palco popularízase nos templos como galería ou corredor sobre as naves onde poden aloxarse os fieis. Ás veces teñen celosías para que os asistentes non sexan vistos (o matroneum paleocristiá onde asistían as mulleres ós cultos).
Xeneralízase nas catedrais e nas igrexas de peregrinación do medievo para acoller a un grande número de fieis (imaxe 1). Neste caso adquire tamén un valor construtivo xa que recolle os empuxes da nave central, distrinbuindoos cara ós contrafortes exteriores.(imaxe 2, imaxe 3)
Non confundir con triforio.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0