Plan central
Definición
Plan central: referido a unha edificación de planta centralizada. O espazo artéllase en torno a un punto central, polo tanto, a edificación adoitará un esquema poligonal (cadrado, hexágono, octógono,...) ou circular en torno a éste.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Un edificio de plan central da sensación de unidade espacial xa que non hai fragmentación. Por isto, este tipo de plantas empréganse para construccións que albergan algún elemento central: unha tumba, unha pía bautismal, un lugar de adoración ou culto, restos ou vestixios de importancia ou simbolismo...
As primeiras edificacións centralizadas son plantas circulares cubertas con falsa cúpula (chamadasTholoi). Están presentes en todo o Mediterráneo dende o Neolítico ata a época greco-romana. Posteriormente os romanos aplicaron este esquema central ós templos de Vesta a algúns mausoleos, o que influirá nas construcións paleocristiás (imaxe 1).
En Xerusalen ergueuse no século VI, unha igrexa de planta centralizada circular en torno ó suposto lugar do sepulcro de Cristo, seguindo o esquema dos Martyrium paleocristiáns. Estas edificacións chamáronse rotonda martyrium precisamente pola súa planta circular ou poligonal en torno ao lugar de tortura. Atribrúeselle tamén o simbolismo primitivo do círculo, sen principio nin fin, como alegoría da eternidade.
Os cruzados, gardiáns deste lugar sagrado, traerán a Europa os modelos de construcións de influencia oriental e mediterránea, que se aplicarán á arquitectura do Románico (imaxe 2).
Os Baptisterios, lugares para ó bautismo, moitas das veces eran edificios exentos ou apegados. Teñen planta central en torno á pía bautismal e soen ser circulares ou poligonais. Dende os primeiros tempos do cristianismo repítese este esquema. (imaxe 3)
Considéranse de plan central os edificios de planta de cruz grega, xa que o cruceiro é o centro que articula todo o espazo. Así mesmo as construcións con plantas ovais , elípticas, etc…. características do Barroco.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0