Contraposto
Definición
Contraposto: termo italiano que designa o recurso escultórico consistente na oposición harmónica tensión-repouso, entre as distintas partes do corpo humano coa finalidade de proporcionar sensación de movemento e contribuír a romper a lei da frontalidade.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
O contraposto é un recurso artístico que opón harmónicamente as distintas partes do corpo humano para romper o hieratismo. Foi o escultor grego Policleto o seu primeiro e máximo expoñente influindo na arte posterior (imaxe 1).
Nun contraposto, unha das pernas está fixa no chan (en tensión) e a outra adiántase flexionada (en repouso). Os cadrís e os ombreiros se atrasan e adiantan alternativamente. Os brazos opóñense ás pernas. O brazo oposto á perna adiantada se atrasa e viceversa. A cabeza mira cara un lado (imaxe 2). O conxunto simula un paso aportándolle un maior naturalismo.
A figura describe unha curva e unha contracurva no seu percorrido vertical en forma de letra S. O contraposto pode ser máis o menos pronunciado. Se é mais pronunciado convirtíndose nunha curva praxiteliana ou nunha serpentina Emprégase eminentemente na escultura aínda que tamén na pintura.(imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
![(190 a.C.) "Niké de Samotracia" [escultura en mármore]. Museo do Louvre (190 a.C.) "Niké de Samotracia" [escultura en mármore]. Museo do Louvre](louvre-(114).jpg)
![Buonarotti, Miguel Anxo (1504) "Davide" [escultura en mármore] Museo da Academia, Florencia Buonarotti, Miguel Anxo (1504) "Davide" [escultura en mármore] Museo da Academia, Florencia](florencia-(72).1.jpg)
![Ingres, Jean-Auguste- Dominique (1859) "Angelica ancadeada" [óleo sobre lenzo]. Museo do Louvre Ingres, Jean-Auguste- Dominique (1859) "Angelica ancadeada" [óleo sobre lenzo]. Museo do Louvre](louvre-(35).jpg)