Saltar navegación

Escultura de vulto redondo

"Mar", escultura de Manuel Ferreiro Badía, da exposición "Compostela" na galería José Lorenzo de Santiago en abril de 2010. Arte contemporánea.
María Villarino. Escultura de vulto redondo, que por seres exenta ó muro pódese arrodear e ten moitos puntos de vista (CC BY-SA)

Definición

Escultura de vulto redondo: aquela que se pode contemplar dende calquera punto de vista, o espectador pode observala derredor porque non está apegada ó muro. Tamén se denomina escultura exenta.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Cellini, Benvenutto (1554) "Perseo coa cabeza de Medusa" [escultura en bronce] Florencia
Fernando Díaz. Escultura de vulto redondo (CC BY-SA)

 

O volume ou tridimensionalidade xunto á masa e textura, son características propias da arte escultórica, fronte a outras disciplinas como a pintura, que é plana. 

Durante a Prehistoria realizáronse esculturas de vulto redondo, de pequeno tamaño (ídolos neolíticos) ou de grande formato (guerreiros castrexos da Idade dos Metais).

Mesopotámicos e exipcios evolucionaron dende as "esculturas cubo" ata esculturas exentas que rompen coa lei da frontalidade (imaxe 1). Éstas influíron na escultura clásica grega, nas que o volume é característico.

A escultura medieval está, xeralmente, supeditada ó marco arquitectónico e só en lugares como altares atopamos esculturas de vulto redondo (imaxe 2).

Dende o Renacemento, a escultura libérase do marco arquitectónico e amósase en espazos que permiten a observación dende múltiples puntos de vista (imaxe 3).

Imaxe 1
(ca. 590 a.C.) "Estatua de raiña?" [escultura en prata] Met Museum Nova de York
Anónimo. Escultura de vulto redondo exipcia (Dominio público)
Imaxe 2
(século XIV) Virxe dos Infantes [madeira policromada],  igrexa de San María, Corneille de Conflent, Francia
Fernando Díaz. Escultura exenta de pequeno tamaño nunha ábsida románico (CC BY-SA)
Imaxe 3
Fotografía que mostra esculturas de San Vicente y San Procopio na ponte de Carlos de Praga
Fernando Díaz. Grupo escultórico de vulto redondo nunha ponte (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)