Base
Definición
Base: parte inferior da columna onde se apoia o fuste e que descansa sobre o piso (estilóbata).
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
A base está composta de molduras cóncavas (escocias), convexas (toros), listeis, astrágalos...segundo a combinación desas molduras darán lugar a diferentes tipos de base (imaxe 1).
Na orde dórica as columnas non posuían base e apoiaban o fuste directamente sobre a estilóbata pero nas outras ordes clásicas a base era unha das partes fundamentais.
Os estilos artísticos baseados na arte clásica como Románico, Renacemento, Barroco ou Neoclásico reinterpretaron as ordes dóricas, xónicas e corintias (imaxe 2).
A base repousa sobre a estilóbata que é o plano de sustentación. Ás veces este basamento é un zócalo sen decoración e chámase estereóbata.
As bases poden ser decoradas con formas vexetais e animais e poden adoitar motivos libres e imaxinativos (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0