Saltar navegación

Estatua-columna

Definición

Estatua-columna: estatua non exenta de canon xeralmente esvelto apegada ó fuste dunha columna e da sua mesma altura aproximada.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Esquema dunha portada
María Villarino. Esquema da portada dunha igrexa (CC BY-SA)

 

 

A estatua-columna está organicamente ligada ó fuste, normalmente está tallada no mesmo bloque que éste (imaxe 1).

Son moi características das portadas dalgunhas igrexas, nas columnas das xambas ou no  parteluz. Neste caso, as xambas disporanse abucinadas. As estatuas-columna serán empregadas en estilos arquitectónicos como o Románico,  Gótico (imaxe 2), Renacemento, Barroco,...ata hoxe.

Ás veces, a estatua sustitúe completamente á columna (imaxe 3). Neste caso, chámanse cariátide (figura feminina) ou atlante (figura masculina).

Imaxe 1
Estatuas-columna nunha portada románica. (Século XIV). Detalle da portada na  igrexa de San Martiño de Noia, A Coruña
Fernando Díaz. Estatuas-columna nunha portada románica (CC BY-SA)
Imaxe 2
Estatua-columna nun parteluz gótico. (ca. 1280). "Virxe Blanca", parteluz na porta principal da portada da catedral, León
Fernando Díaz. Estatua-columna nun parteluz gótico (CC BY-SA)
imaxe 3
(S.XIX). Pazo no Borgenergasse, Viena
Fernando Díaz. Carátide nun edificio modernista (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)