Saltar navegación

Fuste

Definición

Fuste: corpo da columna e o piar entre o capitel e a base.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Perfil das ordes clásicas
María Villarino. Perfil das ordes clásicas (CC BY-SA)

 

Nas ordes clásicas, o fuste pode ter acanaladuras de ángulos vivos (orde dórica) ou ter acanaladuras de ángulos cegos (orde xónica e corintia).

Para corrixir o efecto visual, o fuste pode ter un engrosamento chamado éntase.

Noutras etapas artísticas os fustes poder presentarse lisos (imaxe 1), estriados, entortados (columna salomónica), historiados (imaxe 2), cunha escultura apegada (estatua-columna) ou policromados (imaxe 3).

Imaxe 1
Fustes lisos (ca. 1063) Detalle da portada, basílica de San Marcos, Venecia, Italia
Fernando Díaz. Fustes lisos (CC BY-SA)
Imaxe 2
Fuste historiado nun parteluz (ca.1130) Abadía de San Pedro, Moissac, Francia
Fernando Díaz. Fuste historiado nun parteluz (CC BY-SA)
Imaxe 3
Fustes policromados en columnas apegadas (ca. 1086) Detalle de columnas, interior da iglesia de Notre Dame la Grande, Poitiers, Francia
Fernando Díaz. Fustes policromados en columnas apegadas (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)