Saltar navegación

Parcial primeiro

Parcial primeiro

Pregunta

1. O baixorrelevo é un relevo que sobresae máis da metade do vulto.

Respostas

Falso

Verdadeiro

Pregunta

2. Observa a imaxe e di qué é

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Baixorrelevo

Altorrelevo

Ocorrelevo

Pregunta

3. De que orde clásica é este edificio?

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Dórica

Xónica

Corintia

Pregunta

4. Enche os buratos no texto: 

Este capitel ____________consta de equino, colariño, e unha peza cadrada chamada _________

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Dórico e ábaco

Xónico e cornixa

Composto e arquitrabe

Dórico e ménsula

Pregunta

5. Cal de estes é un arco apuntado?
imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

A

B

C

C e B

A e B

Pregunta

6. Cal dos seguintes elementos NON están presentes neste edificio de orde corintia?

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Follas de acanto

Volutas

Métopas

Arquitrabe

Pregunta

7. En que parte da columna se sitúan as estatuas?

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Base

Capitel

Entaboamento

Fuste

Pregunta

8. O entaboamento é...

Respostas

O conxunto de pezas horizontais sostidas sobre as columnas, piares ou muros na arquitectura abovedada

O conxunto de pezas verticais sostidas sobre as columnas, piares ou muros na arquitectura abovedada

O conxunto de pezas horizontais sostidas sobre as columnas, piares ou muros na arquitectura alintelada

Pregunta

9. Di cal destes dous arcos de ferradura é califal

imaxe
María Villarino (CC BY-SA)

Respostas

A

B

Pregunta

10. Como se chama este elemento do capitel dórico?

imaxe
María Villarino (CC BY-SA)

Respostas

Ábaco

Colorciño

Colariño

Equino

Pregunta

11. Cal destes elementos aparece na imaxe?

Imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Arquitrabe

Arco apuntado

Bóveda de canón

Capitel dórico

Pregunta

12. Cal deste capiteis é un capitel corinitio?

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

A

B

C

D

Pregunta

13. Que é isto?

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Triforio

Tridente

Tríglifo

Métopa

Pregunta

14. Este non pode ser un friso dórico porque...

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

porque ten métopas e tríglifos

porque é corrido 

porque ten relevos

porque ten platabandas

Pregunta

15. Como se chama ó recurso para corrixir o estreitamento visual do fuste dunha columna?

Respostas

Éxtase

Entaboamento

Éntase

Acanaladura

Pregunta

16. Cales son os tres elementos dun entaboamento?

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Arquitrabe, fuste e cornixa

Arquitrabe, friso e capitel

Arquivolta, friso e cornixa

Arquitrabe, friso e cornixa

Pregunta

17. Como se chama esta peza decorada do arco?

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Mainel

Ménsula

Doela clave

Saimel

Pregunta

18. En cal destas esculturas dirías que hai un contraposto?

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Só na opción A

Só na opción B

Nas dúas: no A máis esaxerado (curva praxiteliana).

Pregunta

19. De que está a falar a imaxe de abaixo?

imaxe
María Villarino (CC BY-SA)

Respostas

Contraposto

Éntase

Baixorrelevo

Canon

Pregunta

20. Este edificio ten relevos nas métopas?

imaxe
Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Falso

Verdadeiro

Pregunta

21. En cal destas esculturas empregouse a técnica de panos mollados?

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

A

B

C

D

Pregunta

22. Como se chama esa parte das basílicas que se sinala na imaxe?

María Villarino (CC BY-SA)

Respostas

Ábsida

Atrio

Transepto

Nártice

Pregunta

23. Cal destas plantas NON é basilical?

imaxe
María Villarino (CC BY-SA)

Respostas

A

B

Pregunta

24. O elemento construtivo con forma de cuña que se dispón radialmente nun arco, chámase...

Respostas

Métopa

Ábaco

Tríglifo

Doela

Pregunta

25. Como é esta edificación...?

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Alintelada

Cupulada

Abovedada

Pregunta

26. En que parte dunha igrexa me atopo?

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Transepto

Ábsida

Bóveda

Nártice

Pregunta

27. O piar é un elemento arquitectónico sustentado con sección poligonal.

Respostas

Verdadeiro

Falso

Pregunta

28.  Os relevos como follas de acanto utilízanse nos capiteis...

Respostas

Dórico

Xónico

Corintio

Composto e corintio

Pregunta

29. A bóveda de canón xérase a partir da proxección dun arco de medio punto ó longo dun eixo lonxitudinal

Respostas

Verdadeiro

Falso

Pregunta

30. Que tipo de elemento de sustentación aparece na imaxe?

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Respostas

Piar

Columna

Pilastra

Habilitar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova ventá)