Saltar navegación

Piar

Definición

Piar: elemento arquitectónico exento de sustentación con sección poligonal. Soe ser máis robusto ca columna.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

(1206) Pazo di Comune, Cremona, Italia
Fernando Díaz. Edificio civil sostido sobre piares cruciformes (CC BY-SA)



Xunto ó contraforte e á columna, o piar é un dos principais elementos arquitectónicos de sustentación nunha edificación.

O piar é un soporte vertical que pode ter base, corpo ou fuste e capitel. Ten como función suxeitar grandes elementos estruturais dun edificio como arcos, entaboamentos, bóvedas, cúpulas ou cubertas.

Un piar pode ser simple, é dicir, cunha sección cuadrangular ou poligonal (imaxe 1). 

Ás veces, tamén poden ter sección de cruz, froito de cruzar dous piares simples. Chámanse piares cruciformes (imaxe 2).

Os piares tamén poden ter apegadas pilastras, boceis ou semifustes que teñen correspondencia cós arcos e nervios das bóvedas. Chámanse pilares compostos. (imaxe 3).

Poden ou non estar decorados igual cas columnas (nos capiteis , fustes, bases; con relevos, policromía,...).

Imaxe 1
Arte romana, (século II d.C.). Mercados de Traxano, Roma, Italia
Fernando Díaz. Interior dunha construción civil romana con piares de sección cuadrangular soportando bóvedas de aresta (CC BY-SA)
Imaxe 2
(Século XII) Claustro da Colexiata de San Isidoro, León
Fernando Díaz. Claustro románico con piares cruciformes (CC BY-SA)
Imaxe 3
(Século XIV) Vista da nave central da catedral de Sevilla
Fernando Díaz. Bóvedas de cruzaría sostidas por piares compostos nunha catedral gótica (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)