Planta de cruz grega
Definición
Planta de cruz grega: tipo de planta dun edificio con forma de cruz grega, é dicir, de cruz con catro brazos de igual medida que se cruzan nun ángulo recto. É un tipo de planta centralizada.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
A orixe deste tipo de planta está na arquitectura oriental e chega ó mundo mediterráneo co Imperio Bizantino (imaxe 1).
A arte visigoda toma a basílica romana e a arte bizantina de referencia e emprega tanto a planta basilical como a de cruz grega (imaxe 2).
No románico, a planta de cruz grega será desprazada pola planta de cruz latina.
No Renacemento recupérase este tipo de planta. Por exemplo, o proxecto de Bramante para a basílica de San Pedro do Vaticano que será modificado posteriormente, era unha planta de cruz grega centralizada derredor do sepulcro de San Pedro (imaxe 3).
A planta de cruz grega vincúlase á Igrexa Ortodoxa, polo que atopamos construcións desta tipoloxía na arquitectura da Europa Oriental ata hoxe.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0