![Minguillón. Julia (1941). "A escola de Doloriñas" [óleo sobre táboa] Museo Provincial de Lugo. Cadro de xénero "A escola de Doloriñas" que describe unha escena cotiá dunha escola rural galega da posguerra. Museo Provincial de Lugo. Julia Minguillón, óleo sobre táboa, 1941.](cadro-de-xenero.jpg)
Cadro de xénero
![Minguillón. Julia (1941). "A escola de Doloriñas" [óleo sobre táboa] Museo Provincial de Lugo. Cadro de xénero "A escola de Doloriñas" que describe unha escena cotiá dunha escola rural galega da posguerra. Museo Provincial de Lugo. Julia Minguillón, óleo sobre táboa, 1941.](cadro-de-xenero.jpg)
Definición
Cadro de xénero: xénero pictórico que representa escenas cotiás coetáneas ó pintor fóra das grandes narracións heroicas nas que os protagonistas son xentes do común.
Lectura facilitada
Apoio visual

Explicación
![Decamps, Alexandre-Gabriel (1841) "Saída dun colexio turco" [óleo sobre lenzo] Museo do Louvre, París Decamps, Alexandre-Gabriel (1841) "Saída dun colexio turco" [óleo sobre lenzo] Museo do Louvre, París](louvre-(26).jpg)
O cadro de xénero aborda temas da vida privada (dentro dos fogares), do mundo do traballo ou do lecer (oficios, festas, xogos populares, celebracións relixiosas…), do mundo rural ou do mundo urbano (feiras, bares, mercados, estacións…).
As pinturas de xénero foron tratadas dende a Antigüidade. En Mesopotamia e Exipto recreábanse escenas cotiás nos murais que decoraban o interior das tumbas ou nos sartegos dos faraóns.
Nas cerámicas gregas ou etruscas e nos mosaicos romanos tamén atopamos escenas de caza ou domésticas.
Na Idade Media, a temática relixiosa relega a miniuaturas e letras historiadas a temática de xénero ata que aparece o amor cortés no Gótico.
Dende a pintura flamenga do século XV rexurden os temas vinculados á cotiandade e bodegóns (imaxe 1). Estes últimos serán un motivo moi empregado no barroco ademáis de escenas que mostran a traballores e artesáns (imaxe 2). A partires do século XIX, a pintura de xénero tórnase moi realista e incluso pode agochar certa crítica social (imaxe 3)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0