Saltar navegación

Imposta

Definición

Imposta: en arquitectura é o saínte que marca o arrinque dun arco ou unha bóveda, tamén pode indicar a separación entre os andares dun edificio.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

María Villarino. Partes dun arco (CC BY-SA)

 

A imposta pode marcar a intersección entre un elemento sustentado curvo (arco ou bóveda) e un elemento de sustentación (columna, piar ou muro). Está baixo a primeira doela do arco, chamada saimel. A sucesión de impostas dun grupo de arcos, chámase liña de imposta.  (imaxe1).

A imposta pode sobresaír, ter unha moldura ou outros elementos decorativos,  dende o arrinque dun arco ou dunha bóveda (imaxe 2).

Unha imposta tamén pode ser corrida, sen interrupcións, no muro do edificio, sinalando os niveis dos andares do edificio e organizando as ordes arquitectónicas (imaxe 3).

Imaxe 1
Liña de imposta nunha portada gótica.(ca. 1225) Detalle da portada da catedral de Santa María, Tui, Pontevedra
Fernando Díaz. Liña de imposta nunha portada gótica (CC BY-SA)
Imaxe 2
Imposta decorada con bolas e relevos. (ca. 1150) Detalle da fachada da igrexa de San Martín, Frómista, Palencia
Fernando Díaz. Imposta saínte decorada con bolas e relevos (CC BY-SA)
Imaxe 3
Imposta corrida marcando os niveis do edificio.(ca. 1060) Detalle da fachada da catddral de Santa María Asunta, Pisa, Italia
Fernando Díaz. Imposta corrida marcando os niveis do edificio (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)