Friso
Definición
Friso: elemento arquitectónico sostido consistente nunha franxa decorativa de desenvolvemento horizontal.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Nas ordes clásicas o friso é a parte do entaboamento comprendida entre o arquitrabe e a cornixa: na orde dórica divídese en métopas e tríglifos. Nas métopas concéntrase a decoración de relevos historiados. Porén, nas ordes xónica e corintia o friso é corrido e decorado con relevos.
O friso grego foi reinterpretado nas correntes artísticas posteriores. Tamén se empregaban outro tipo de frisos decorativos procedentes do mundo antigo (imaxe 1).
Noutros estilos arquitectónicos, chamamos friso a calquera elemento horizontal sen valor construtivo e normalmente decorado con relevos ou esculturas (imaxe 2). Tamén pode referirse a unha banda horizontal decorativa feita con pintura e baixorrelevo(imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0
![(ca. 9 a.C.) "Tellus, nai terra e de Eneas" ou "Pax Augusta, Deusa da Paz" [relevo sobre mármore] Museo della´Ara Pacis Augustae, Roma (ca. 9 a.C.) "Tellus, nai terra e de Eneas" ou "Pax Augusta, Deusa da Paz" [relevo sobre mármore] Museo della´Ara Pacis Augustae, Roma](ara_pacis_roma-(500).jpg)

