Aparello almofadado
Definición
Aparello almofadado: muro construído con aparello de cantería coas xuntas afundidas polo que da a sensación de relevo.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
O almofadado ten una función únicamente ornamental, para dotar o muro de volume e dun xogo de luces e sombras (imaxe 1).
A cantería almofadada proxéctase cara o exterior dun xeito avultado coas xuntas rebaixadas (imaxe 2) podéndose labrar con formas decorativas máis ou menos simples dando lugar a diferentes tipos (en semiesfera, en táboa, punta de diamante, vermiculado,...).
As pezas do muro poden ser grandes perpiaños, ou labra, dando lugar a un paramento máis ou menos traballado, inclusive deixándose sen traballar e dando lugar a un estilo enxebre chamado en italiano bugnato (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0


.1.jpg)