Proxecto Ende
Arco de medio punto
Definición
Arco de medio punto: tipo de arco que ten o intradorso de forma semicircular, a frecha mide igual á semiluz.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
O arco de medio punto é a base da arquitectura abovedada, formando a bóveda de canón. Pode ser de distintos materiais: de adobe, ladrillo ou pedra. Cada unha das pezas do arco chámase doela.
O arco de medio punto xa se empregaba en Mesopotamia. Os romanos souberon recoller esta tradición de pobos anteriores (imaxe 1) e destes pasará á arquitectura occidental ó longo da Historia da Arte: dende o Románico (imaxe 2), Renacemento (imaxe 3), Barroco, Neoclásico... ata hoxe.
Ten variantes como o arco peraltado ou o arco rebaixado.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0