Saltar navegación

Arco formeiro

Definición

Arco formeiro:  tipo de arco definido pola súa situación paralela ó eixo do edificio que fragmenta o espazo en tramos ou naves lonxitudinais.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

(Século XIII) Vista do interior da igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela
Fernando Díaz. Arcos de faixa e formeiros de medio punto (CC BY-SA)

A función dos arcos formeiros é soster as naves do edificio. Cando éste ten unha soa nave, poden estar apegados ó muro e ser cegos; e cando hai varias naves, os arcos formeiros as separan.

Sobre os arcos formeiros pode haber unha altura de tribuna (imaxe 1). Este é un esquema típico do románico.

Os arcos formeiros poden ser de medio puntoapuntados, dobrados... e asentanse sobre piares  (imaxe 2) ou columnas.

No gótico, en vez de tribuna, desenvólvese o triforio ou galería, normalmente de vidreiras (imaxe 3).

Imaxe 1
Fotografía do interior da catedral de Santiago de COmpostela que mostra arcos formeiro de medio punto
Fernando Díaz. Arcos da tribuna sobre os arcos formeiros peraltados (CC BY-SA)
Imaxe 2
Fotografía do Interior da catedral "vella" de Salamanca. Gótico tardío, século XVI
Fernando Díaz. Piares compostos recollendo o peso dos arcos formeiros apuntados e dos arcos de faixa da nave principal. (CC BY-SA)
Imaxe 3
Interior da catedral de Santa María do Mar de Barcelona. Gótico, século XIV
Fernando Díaz. Arcos formeiros sobre piares (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)