Bóveda de canón
Definición
Bóveda de canón: tipo de bóveda semicilíndrica que posúe unha sección semicircular xerada pola proxección dun arco de medio punto ó longo dun eixo lonxitudinal. Os seus paramentos teñen a forma de medio cilindro e polo tanto asemella o interior dun canón. Tamén chamada de medio canón.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
A bóveda de canón empregánse por vez primeira en Mesopotamia e Exipto.
Os romanos herdan a bóveda de canón dos etruscos e combinan arquitectura arquitrabada ou alintelada con arquitectura abovedada (imaxe 1).
Santa María do Naranco, da arte asturiana, recupera o uso da bóveda de canón no mundo cristián occidental. Emprega arcos de faixa que se corresponden con contrafortes exteriores dando lugar a un sistema de abovedamento e soportes que trascenderá ó Románico.
No interior da Catedral de Santiago obsérvase a influencia deste esquema construtivo asturiano, cunha bóveda de canón de arcos de medio punto peraltados o que permite dar máis altura ós edificios (imaxe 2).
Segundo sexa o arco proxectado así será a bóveda de canón, é dicir, pode ser un arco de medio punto rebaixado ou peraltado, ou apuntado, etc...
Durante o Renacemento e o Barroco as bóvedas soen decorarse con pinturas, mosaicos e relevos e iluminarse con pequenas fiestras chamadas lunetos (imaxe 3).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0