Proxecto Ende
Arcobotante
Definición
Arcobotante: elemento arquitectónico construtivo que consiste nun arco rampante que transmite os empuxes laterais dunha bóveda a un contraforte ou botarel exterior do edificio.
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
Os arcobotantes son arcos exteriores de descarga e por isto adoitan ter unha posición inclinada (imaxe 1).
A parte superior do arcobotante apoiase no muro e recibe o empuxe da bóveda interior por medio dos arcos de faixa ou nervaduras (imaxe 2). A parte inferior do arcobotante apoia no estribo ou contraforte (imaxe 3).
O arcobotante é un elemento típico da arquitectura gótica e empregouse por vez primeira na catedral de Notre Dame de París no século XII.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0