Saltar navegación

AFAGOS E DOCUMENTOS

O primeiro agradecemento temos que  dirixirllo a Inma Peniza e a Sofía Lanchas, dúas profesoras de Historia da Arte, facedoras e partilladoras de material. Das suas mans, físicas e virtuais, recibimos os primitivos e desinteresados  glosarios e apuntamentos da materia.  Dende a súa orixe,  fomos empregándoos, ampliándoos e compartíndoos, para así dar continuidade a unha cadea xenerosa. E velaquí ENDE, a nosa última aportación para disfrute e aproveitamento do común.

ENDE artella anceios ricos e diversos, como o de Fontoira. Este é o nome da tipografía xurdida da fermosa e altruista recolleita de Lino Prieto e Rubén Prol. Con estas letras o mariñeiro e artista Raúl Fontoira foliaba os barcos dos portos de O Grove e Meloxo. E agora folia parte do noso proxecto a xeito de homenaxe patrimonial.

ENDE construiuse con materia artística variada: textos, máis de oitenta debuxos e preto de trescentas fotografías; pero unha principal ferramenta: a nosa lingua. Sabedores de non seren expertos na materia, procuramos a meirande cantidade de apoios lingüísticos. Por isto debemos unha chea de afagos: a Delfín Caseiro, profesor e sabedor de Lingua e Gramática Galega; a Xusto Alexandre Rodríguez Río, asesor de Normalización Lingüística da USC; Isaac Estraviz, filólogo e lexicógrafo de lingua Galega; Luisa Bel Ortega, profesora especialista de Lingua Galega e Portuguesa; Juan Manuel Monterroso Montero, Director do Grupo de Traballo da CIUG da materia de Historia da Arte. E a Xabier Álvarez Campos, subministrador de bibliografía, contactos e da experiencia propia no Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo da Deputación de Ourense.  A Elisa Vecino, guía e confidente nesta licenza. A Matilde Aldeanueva Potel, Blanca Díaz Mirón e Luisa Bel Ortega, pola sua axuda.

A Lorenzo Díaz Villarino, o máis querido e preferido músico. 

A ENDE, por terse chamado a si mesma “pintora” fai mais de mil anos e converterse na primeira deste cordal.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)