Saltar navegación

Bóveda de cruzaría

Definición

 Bóveda de cruzaría: tipo de bóveda de aresta que ten reforzadas as súas arestas con nervios. Tamén chamada bóveda nervada.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

(Século XIII) Pazo Xelmírez, bóveda de cruzaría, Santiago de Compostela
Fernando Díaz. Bóveda de cruzaría simple con clave (CC BY-SA)

 

A bóveda de cruzaría consta de dous elementos: os arcos que se cruzan na clave a xeito de nervios e os panos que cobren o espazo intermedio.

Son características da arte gótica, xunto có arco apuntado e os arcobotantes

A bóveda de cruzaría máis simple é a bóveda cuatripartita, que ten só dous nervios en diagonal (imaxe 1).

Co tempo irase complicando engandíndoselle nervaduras -diagonais, terceletes, combados,...- orixinando a bóveda sexpartita (imaxe 3), reticulada, de abano ou a estrelada (imaxe 2).

Imaxe 1
Bóveda de cruzaría simple da igrexa de Santa María supra Minerva de Roma. Gótico, século XIII
Fernando Díaz . Bóveda de cruzaría simple (CC BY-SA)
Imaxe 2
Bóvedas estreladas no interior da catedral de Sevilla. Gótico, século XV
Fernando Díaz . Bóvedas estreladas (CC BY-SA)
Imaxe 3
Bóveda sexpartita da catedral Notre Dame de París. Gótico, século XIV
Fernando Díaz. Bóvedas sexpartitas (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)