Arco apuntado

Explicación

Ocultar

(Século XII) Interior da catedral de San Estevo, Viena
Fernando Díaz. Espazo interior dunha catedral gótica, con grande altura e arcos apuntados (CC BY-SA)


Os primeiros arcos apuntados proceden da arte islámica, son arcos de medio punto apuntados e arcos de ferradura apuntados ou túmidos.

O arco apuntado transmite mellor o empuxe das bóvedas e permitiu construir edificios mais altos, especialmente no gótico (imaxe 1).

As portadas de arcos apuntados son características do gótico do século XIII (imaxe 2).

O ángulo na clave dos arcos apuntados pode ser moi agudo, entón chámase arco lanceolado, pola súa forma de lanza (imaxe 3).

Imaxe 1
(Románico e gótico, século XIII). Catedral de Ourense.
Fernando Díaz. Arcos de faixa apuntados dirixindo o empuxe da cuberta (CC BY-SA)
Imaxe 2
(Século XII) Fachada da igrexa do Santo Sepulcro, Estella, Navarra
Fernando Díaz. Arcos apuntados nunha portada (CC BY-SA)
Imaxe 3
Vista interior de arcos lanceolados nas fiestras da Saint Chapelle  de París. Gótico, seculo XIII
Fernando Díaz. Fiestraxe de arcos lanceolados góticos (CC BY-SA)