Liña serpentina
Definición
Liña serpentina: concepto tradicional na arte que designa á liña ou esquema compositivo, ou figura que ten forma sinuosa como unha serpe ou en "S", rotada sobre si mesma (en hélice ou helicoidal). Está relacionada có contraposto, dando sensación de movemento máis esaxerado e con máis tensión do corpo. Tamén se emprega o termo en italiano serpentinata
Lectura facilitada
Apoio visual
Explicación
A liña ou figura serpentina é un recurso destinado a acentuar o dinamismo da figura e dotala de maior expresión dramática.
O corpo entórtase helicoidalmente en torno a un eixo vertical, de xeito que as pernas xiran nun sentido mentres o torso no inverso (imaxe 1). É un movemento similar á curva praxiteliana, aínda que máis pronunciado.
Disque a popularización do uso da liña serpentina tanto na pintura (imaxe 2) como na escultura (imaxe 3), foi froito do descubrimento en 1506 do grupo escultórico clásico "Laoconte e os seus fillos".
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0