Proxecto Ende
Estatua ecuestre
Explicación
A estatua ecuestre é un xénero escultórico que xa aparece en tempos remotos (imaxe 1) e que foi moi empregada polos romanos para honrar vitorias, figuras políticas ou militares (imaxe 2).
É unha temática cun fin propagandístico e forte simbolismo iconográfico: o personaxe preséntase idealizado, ataviado normalmente cun uniforme ou indumentaria que destaca a súa posición, domina o cabalo e sitúase nun plano superior.
Os retratos ecuestres de reis, emperadores, xenerales ou caudillos utilizáronse en todas as épocas históricas (imaxe 3) para inmortalizar a grandes personalidades.
Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0