Saltar navegación

Clave dun arco

Definición

Clave dun arco: doela central da curva dun arco. Soe ser de maior tamaño que as outras doelas e ás veces está decorada.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Esquema coas partes do arco
María Villarino. Partes do arco (CC BY-SA)

 

Un arco constrúese normalmente coa axuda de cimbros (estructuras provisionais de madeira). As doelas teñen forma de cuña e nun arco soen ser impares. A derradeira peza que se coloca na cima do arco é a clave, xa que sostén o empuxe do resto das doelas (imaxe 1).

A clave é a peza central dun arco que destaca do resto de doelas que o compoñen pola súa decoración (normalmente relevos e policromía), tamaño (máis grande cas outras doelas) e forma (sobresae

do muro) (imaxe 2).

Nas bóvedas, chámase clave de bóveda á peza central da mesma. Tamén soen estar decoradas con relevos e policromadas (imaxe 3).

Imaxe 1
Detalle da clave do arco de Septimio Severo no Foro de Roma. Arte romana, século III d.C.
Fernando Díaz. Clave dun arco triunfal romano (CC BY-SA)
Imaxe 2
(século XIX). Porta de casa na rúa Celetnà, Praga
Fernando Díaz. Clave do arco nunha portada modernista (CC BY-SA)
Imaxe 3
Clave de bóveda nas bóvedas de cruzaría da catedral de Burdeos (Francia). Gótico, século XIII
Fernando Díaz. Clave de bóveda gótica (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)