Saltar navegación

Nártice

Pórtico en edificio civil, reinterpretación dos primitivos nártices dos templos paleocristianos. Palacios, Antonio (1924) Casa consistorial de Porriño, Pontevedra
María Villarino. Pórtico nun edificio civil no que se reinterpretan o primitivo nártice dos templos paleocristiáns (CC BY-SA)

Definición

Nártice: vestíbulo das antigas basílicas. Ocupa o ancho da fachada occidental e da acceso ó interior.

Apoio visual

Fernando Díaz (CC BY-SA)

Explicación

Nártice dunha basílica de estilo bizantino. (Século XI) Vista exterior da basílica de San Marcos, Venecia
Fernando Díaz. Nártice dunha basílica de planta prerrománica (CC BY-SA)

O nártice é parte da basílica paleocristiá (imaxe 1). A sua orixe atopámolo na estrutura da basílica romana (edificio pensado para reunir ós cidadáns con distintos fins). Ocasionalmente, posuía un grande atrio de entrada no que un dos laterais era ocupado polo nártice.

Os templos cristiáns necesitan edificios para congregar ós fieis (Eucaristía e outros sacramentos) e adoitan esta tipoloxía de edificiodo mundo clásico: a basílica. O templo cristián é un lugar de reunión, ekklesía ou asemblea. É por isto, que as igrexas paleocristiás teñen esquema basilical e nártice.

O nártice estaba reservado ós catecúmenos e penitentes, como un lugar de tránsito ó verdadeiro espazo sagrado.

Exisiten dous tipos de nártices: exonártice (aberto ao exterior) e endonártice (inscrito na planta do edificio e pechado). 

O nártice, ás veces, cubríase cun teito sostido por piares ou columnas e delimitábase o seu contorno cunha varanda, muro ou arcada.

Nos estilos prerrománicos empregáronse con frecuencia (imaxe 2). Ás veces icorpóranse nun lateral da igrexa a modo de atrio. En moitos casos este tipo de pórtico aberto foi utilizado para a reunión dos cidadáns con fíns civís (imaxe 3).

Imaxe 1
(ca. 590) Vista exterior da basílica de San Apolinar in Classe, Rávena, Italia
Fernando Díaz. Nártice nunha basílica paleocristiá (CC BY-SA)
Imaxe 2
Borromini, Francesco (1660), igrexa de San Ivo alla Sapienza, Roma
Fernando Díaz. Atrio porticado fronte a fachada de igrexa barroca a imitación do esquema paleocristián (CC BY-SA)
Imaxe 3
(Século VIII). Igrexa de San Trocado e Santa Comba, Bande, Ourense
Fernando Díaz. Vista dunha igrexa paleocristián dende o nártice (CC BY-SA)

Feito con eXeLearning (Nova ventá)