Ábsida
Definición
Ábsida: capela ou conxunto de capelas na cabeceira dun templo. Xeralmente é de planta semicircular aínda que tamén pode ser poligonal. Normalmente está cuberta por unha bóveda de forno.
Lectura facilitada
<cotovia_fqxwB9.mp3>
Apoio visual

Explicación

As ábsidas eran propias das basílicas da arquitectura civil romana. Eran o lugar principal da cabeceira do edificio e por iso teñen esa morfoloxía. Foron os paleocristiáns os que tomaron o esquema da basílica romana como modelo das súas igrexas. A ábsida é onde se sitúa o presbiterio e o altar.
Unha edificación pode ter unha ou mais ábsidas. No caso de que haxa unha principal e outras secundarias, estas últimas chamaránse absidiolas (imaxe 1).
Poden sobresair en planta ou non, e poden ser poligonais (imaxe 2) ou semicirculares. Ás veces son curvas no interior e poligonais no exterior do edificio.
Nas cabeceiras das grandes igrexas con deambulatorio, as ábsidas poden dispoñerse radialmente no corredor. Noutras ocasións as ábsidas dispóñense no transepto, a un e outro lado da ábsida ou cabeceira principal.
No interior soe estar amplamente decoradas con frescos, esculturas ou mosaicos (imaxe 3). Cúbrense de bóvedas, dende a mais simple de forno ata outras mais complexas: nervadas, de cuarteiróns...
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0